Vigo, 27 de Abril de 2004 - Nº 675

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

A explotación marisqueira modernízase

Unha tese crea un novo método para automatizar a elaboración dos plans de explotación marisqueira esixidos pola Xunta


Duvi

Presentar unha metodoloxía que dea resposta ao problema de automatizar a elaboración de plans de explotación dos recursos marisqueiros que deben presentar as confrarías galegas ante a Xunta de Galicia foi o obxectivo da tese de doutoramento de Rosalía Laza. O mundo do marisqueo en Galicia é un sector que se atopa en vías de profesionalización. Para realizar a actividade marisqueira, é necesario dispor dun permiso de explotación coñecido como “permex”. O permiso de explotación é o título administrativo que habilita para exercer a actividades extractiva dos recursos mariños. Estes permisos en Galicia outórgaos a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (CPAM). Para poder obtelos os solicitantes teñen que cumprir unha serie de requisitos, entre eles, presentar un Plan de Explotación Marisqueira, que son uns documentos elaborados pola entidades interesadas en explotar os recursos mariños. Teñen carácter anual e deben ser aprobados pola Autoridade Pesqueira. O obxectivo é obter o máximo beneficio económico dos recursos mariños, mediante a planificación da actividade extractiva. Actualmente estes documentos elabóranse de forma manual; os obxectivos de produción e económicos non se predicen, senón que simplemente se introducen os resultados obtidos no ano anterior. Co modelo presentado por esta investigadora créase un sistema capaz de elaborar os plans de explotación marisqueiro das diferentes confrarías. Trátase dun método que analiza e estima por que ese ano se pode obter unha determinada produción, dependendo das condicións dos bancos marisqueiros e características das confradías. As confrarías presentan a finais de ano o plan de explotación que deseñaron para o ano seguinte. Unha vez analizado o plan polos técnicos da delegación, se este presenta diferencias, pódese realizar un requirimento de correccións á confraría que terá que volver a enviar o plan debidamente cumprimentado. As capturas que fan cada día débense vender en aqueles puntos de venta autorizados para tal efecto. Das distintas especies que se poñen á venta extráense algunhas características, como son a lonxitude, diámetro, peso, etc. dependendo da especie. O manexo desta información e a súa análise permite observar a tendencia das extraccións realizadas. Desta forma, se os responsables do seguimento do plan detectan que nun determinado intre o tamaño das extracción ou a súa calidade está descendendo máis do desexado, pódese optar por cambiar de zona de extracción ou calquera outra acción que se considere oportuna. Pero isto só é factible se os resultados da análise están dispoñibles no menor tempo posible. Estes feitos fan necesario que as ferramentas para a análise desa información estean o máis próximas posibles a súa orixe, neste caso as confrarías. O novo modelo está especializado en cada recurso. Ao mesmo tempo está tamén capacitado para proporcionar plans de acción a realizar sobre os diferentes bancos marisqueiros dependendo do resultado estimado por el, co cal é un complemento ideal aos análises realizados. Segundo Rosalía Laza, este método facilitará a revisión que debe realizar a Administración, xa que os datos que lle presenten as diferentes confrarías serán mellores que os que presentan actualmente. A Administración ten que ter controlado o desenvolvemento dos plans de explotación aprobados. Outro tema a controlar son as subvención que concede ás confrarías para realizar tarefas para mellorar a producción. Como estas subvencións repítense cada ano, a Administración ten que saber si realmente están axudando a un incremento da produción ou, polo contrario, non están producindo ningún efecto positivo. Isto só se consegue cunha análise da produción das zonas afectadas pola acción de rexeneración ou mellora da produción. Esta tese considera que os axentes BDI (Belief, Desire, Intention – Crenzas, Desexos e Intencións) con capacidade de aprendizaxe son de especial interese en entornos cambiantes nos que é necesario determinar un plan de acción para solucionar os problemas que se lle presentan. En tales situacións os axentes BDI desenvoltos coa metodoloxía que se presenta na memoria xeran resultados axeitados e son capaces de proporcionar unha xustificación ás solución proposta.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by