Vigo, 04 de Maio de 2001 - Nº 136

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Estudiantes de Informática realizarán prácticas no centro informático Cixtec da Consellería de Economía

Gracias ó convenio asinado onte, o centro acollerá quince bolseiros ó ano


Pedro Merino e Gonzalo Gómez, na sinatura

Duvi

Estudiantes da Escola de Informática realizarán prácticas no Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable da Consellería de Economía. En total, uns quince estudiantes ó ano participarán neste programa, que entrou en vigor onte coa firma dun convenio entre o director do centro, Gonzalo Gómez, e o vicerrector de Desenvolvemento, Pedro Merino. O proxecto de cooperación encádrase “na política da Universidade para fomentar a inserción laboral dos titulados a través de prácticas en empresas e institucións”, segundo sinalou Merino. De feito, no pasado ano os estudiantes da Universidade fixeron prácticas en máis de cen empresas e institucións galegas. Merino tamén destacou o feito de que o convenio teña unha duración de dous anos, xa que a media dos mesmos é de só sete meses. Pola súa banda, Gonzalo Gómez amosou o seu interese por “colaborar tanto tecnolóxica como economicamente con aqueles proxectos que ten a Universidade e que son de interese para as empresas”. Características do programa Poderán optar ás prácticas os alumnos de último curso da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, así como os que estean elaborando neste centro o proxecto fin de carreira. Nesta Escola realizarase unha convocatoria pública indicando o número de bolseiros que se precisan e as condicións do proceso de formación. Cada alumno seleccionado percibirá unha axuda mensual ó estudio por un importe de 100.000 pesetas que correrán a cargo do Cistec, polo que esta cooperación non supón gasto algún para a Universidade. O programa terá unha duración de dous anos e os horarios de prácticas procurarán unha adaptación cos horarios lectivos para que os alumnos teñan as maiores facilidades na súa formación conxunta. Ademais, poderanse establecer quendas rotativas para que os estudiantes poidan coñecer máis dunha área da institución. Ó final do período formativo expedirase unha certificación individual especificando o nivel acadado polo bolseiro na súa avaliación total dentro do Cixtec e a especialidade ou áreas onde se desenvolveu a formación. Así mesmo, os profesionais que participen terán a consideración de colaboradores nos programas de cooperación educativa, podendo obter o certificado correspondente. Por parte da Universidade, o proxecto será dirixido por Rosalía Laza Fidalgo e Reyes Pavón Rial.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by