Vigo, 05 de Outubro de 2001 - Nº 194

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Informática crea un programa para cubri-las actas

O sistema traslada as notas do alumno automaticamente


Duvi

Un traballo da Escola Superior de Enxeñería Informática elaborou un sistema multiplataforma para cubri-las actas de cualificación dos profesores de xeito automático. O programa que constituíu o proxecto fin de carreira de María José Rodríguez, desenvolveuse en Java, sendo, polo tanto, multiplataforma. Así, pode ser utilizado en calquera soporte que admita esa linguaxe como windows, linux, mac… O sistema constrúe a partir dun ficheiro chan orixinal, coas notas de cada alumno, outro ficheiro de bits que envía á impresora que enche automaticamente as follas de lectura óptica das actas. Ademais, ó emprega-lo ficheiro xerado a linguaxe HP-PCL, na súa versión 3.0, é compatible con calquera impresora. “O único requisito que debe cumpri-lo listado primeiro do profesor é dispo-los nomes dos alumnos na mesma orde que teñan no libro de actas”, explica o profesor de Informática, Florentino Fernández, director do traballo. Verbo da colocación dos apelidos dos estudiantes, Fernández apunta que se poden descargar directamente dende a páxina Web da Universidade pero hai que reubicalos pois case nunca coincide co que aparece nas actas. “Cómpre ter en conta que o tema do rexistro dos matriculados segundo convocatorias e materias é realmente complexo. Con todo, o docente conta xa coas actas no momento de po-los exames co que as modificacións que debe facer son escasas”, sinala. Doutra banda, os códigos empregados no programa son os mesmos utilizados nas actas como S para suspenso e SB para sobresaínte. A E.S.E. Informática prevé inserir en breve este e outros servicios para os docentes na Web do centro. Entre outras utilidades, a páxina permitirá consultar notas e titorías a través de móbiles WAP polos alumnos.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by