Vigo, 11 de Outubro de 2001 - Nº 198

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Os estudiantes poden consultar notas dende o móbil

A Secretaría Virtual e a E.E. Informática empregan a tecnoloxía WAP


Proxecto da E.E.I.

Duvi

Xa está dispoñible na Secretaría Virtual un servicio WAP a través do que acceder a distintos servicios e obter información. A Universidade de Vigo convértese así nunha das pioneiras no ámbito español en emprega-la tecnoloxía dos móbiles con acceso a Internet para ofrecer diversas utilidades a estudiantes, profesores e PAS, pero tamén ó público en xeral. Así, dende a Secretaría Virtual WAP poden obterse estatísticas dos diferentes colectivos e temas universitarios, como do alumnado por ciclos ou do rendemento escolar. A única diferencia respecto a versión Web da Secretaría Virtual é a súa adaptación a un menor espacio. “Tivemos en conta as reducidas dimensións da pantalla do móbil. Deste xeito, as estatísticas non contemplan tódolos parámetros, ou no caso dos estudiantes non incorporamos todo o expediente pois non cabería; senón que introducimos as cualificacións do ano” explica Luis Gallego, responsable dos Servicios Informáticos de Xestión. Ó igual ca na Web da Secretaría Virtual, estudiantes e profesores poden acadar información personalizada mediante a introducción do seu DNI, o número de tarxeta universitaria e unha clave. Deste xeito, os estudiantes poderán coñece-lo estado de tramitación das súas bolsas e as súas notas, segundo as convocatorias, mentres que os docentes saberán en cada momento cantos alumnos matriculáronse por materia en tempo real. Tocante ás dificultades para establece-la nova versión da Secretaría, Luis Gallego afirma que “a única foi facerse cun móbil WAP, xa que se ben precisabamos traballar noutra linguaxe, partíamos dunha base de datos e dunha concepción común do servicio”. Ó único requisito para acceder á Secretaría WAP é dispor dun móbil con acceso á Internet, coas vantaxes de acadar información actualizada en cada momento, sen necesidade de conectarse a un ordenador. E.S. de Enxeñaría Informática Pola súa banda, a Escola Superior de Enxeñería Informática finaliza as probas dun sistema distribuído de información de seu que comprende dous módulos diferenciados. Un bloque WAP, que permite a consulta da información requirida dende o móbil do usuario, e unha compoñente Web, responsable da administración e mantemento do servicio. A partir do mes de decembro en que se implante a aplicación, estudiantes e profesores poderán obter datos de notas, horarios de clase ou titorías só con introduci-lo DNI e o nome da materia. O sistema, desenvolvido por Divina Ferreiro, no seu traballo fin de carreira, presenta a singularidade de actualiza-las informacións en tecnoloxía Web por mor das restriccións que ata o momento presenta WAP no ancho de banda e tamaño das pantallas dos terminais móbiles. A xestión da base de datos a través de Web supón unha maior seguridade fronte a caídas do sistema. “O senlleiro deste proxecto é que a páxina que recibe o usuario créase no mesmo momento en que a solicita, desaparecendo en canto se desconecta, pois non existe na base de datos con anterioridade. Isto representa a vantaxe, entre outras, dunha maior confidencialidade”, explica o profesor do departamento de Informática, Florentino Fernández-Riverola, director do traballo. O deseño do módulo WAP procurou facilitar ó usuario o manexo das utilidades co emprego dunha interface amigable e intuitiva, tendo en conta a inexistencia dun comando de axuda nos teléfonos móbiles. Ademais, evitouse a introducción excesiva de datos por parte dos demandantes dada a dificultade que isto ocasiona nun móbil.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by