Vigo, 06 de Febreiro de 2003 - Nº 445

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

A Escola de Enxeñería Informática de Ourense tende lazos de investigación cara ó mar

Antonio Vázquez é o protagonista desta tarde nos Coloquios Abertos


Edificio Politécnico

Duvi

Antonio Vázquez Rodríguez, membro do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do consello Superior de Investigacións Científicas de Vigo, é o protagonista dos Coloquios Abertos organizados pola Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) do campus de Ourense. Na conferencia desta tarde, dende as 18:00 horas no salón de Actos do edificio Politécnico, Vázquez rodríguez analizará o papel da informática como ferramenta da investigación científica. A conferencia, que forma parte dos Coloquios Abertos cos que a ESEI pretende abri-lo coñecemento científico á cidade de Ourense, terá un carácter interdisciplinar dado que une dous campos de coñecemento a priori distanciados como son a Bioloxía e a Informática. A ESEI e o IIM pretenden neste sentido fortalecer relacións para, por exemplo, identificar campos de investigación interdisciplinares que poidan aproveitar o efecto de sinerxia entre dous centros adicados á investigación. A ESEI xa ten realizado outras investigacións relacionadas co mar, como é o traballo de Florentino Fernández Riverola na detección e prevención de mareas vermellas no litoral galego.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by