Vigo, 28 de Xuño de 2003 - Nº 539

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Eleccións á dirección das Escolas de Enxeñería Informática e Estudios Empresariais

Patricio Sánchez foi reelexido para un segundo mandato en Vigo


Gálvez, a dereita, e Patricio Sánchez

Duvi

A E.U de Estudios Empresariais do campus de Torrecedeira, en Vigo, celebrou, o pasado xoves, a xornada de eleccións ó decanato do centro. Finalizado o prazo de presentación de candidaturas, o día 19 deste mes, unha única opción, a do ata agora actual decano, Patricio Sánchez, postulaba de novo á dirección da escola. O resultado do proceso electoral foi contundente: os 44 votos a favor, 1 en contra e 1 abstención concedéronlle a Sánchez un segundo mandato. Entre as principais proposicións que o candidato arroxara na súa candidatura figuraban, segundo as súas propias verbas, “varias preocupacións”. En primeiro lugar polo labor docente, para que o ensino das titulacións impartase con madurez e plena dedicación. Preocupación tamén por ampliar a formación dos universitarios a través de actos complementarios; e por mellorar as condicións de traballo do persoal, para que estas sexan o máis adecuadas posibles. Outra preocupación, para o xa decano, pasa por incentivar a programación do estudios co desenvolvemento de traballos e cursos de posgrao. Por último, Sánchez pretende afrontar, nos vindeiros tres anos de mandato, o reto de adecuar a titulación de Estudios Empresarias ó novo espacio europeo. Eleccións en Ourense No campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez Gálvez preséntase en solitario ás eleccións para a dirección da Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI), un cargo que el mesmo leva ocupando nos tres últimos anos. Os comicios celebraranse o luns 30 de xuño dende as 11.00 horas da mañá no salón de actos do Edificio Politécnico do campus de Ourense perante a Xunta de Centro, integrada por 80 persoas de diferentes colectivos: 4 PAS (persoal administrativo e de servicios), 19 alumnos e 57 PDI (persoal docente e investigador). No acto, o aspirante á reelección defenderá o seu programa fronte á Xunta e atenderá a pertinente quenda de preguntas dos asistentes. Elixirase o luns unicamente a figura do director quen, despois de ser ratificado polo Rector, poderá conforma-lo seu equipo de goberno, presumiblemente composto por Florentino Fernández Riverola como subdirector de Organización Académica, David Olivieri como subdirector de Relacións Institucionais, e Javier Rodeiro Iglesias como secretario. O programa de Juan Francisco Gálvez Gálvez ciméntase sobre 2 piares, os obxectivos acadados pola Dirección no seu mandato dende o ano 2000 –entre eles orzamento, obras e convenios- e os obxectivos da candidatura á Dirección da ESEI –organización académica e relacións institucionais principalmente-.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by