Vigo, 01 de Xullo de 2003 - Nº 540

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Juan Francisco Gálvez foi reelixido como director da Escola Superior de Enxeñería Informática do campus de Ourense

Tentará instalar redes de wireless no Edificio Politécnico no seu mandato


Juan Francisco Gálvez

Duvi

Juan Francisco Gálvez Gálvez dirixirá a Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) do campus de Ourense durante tres anos máis despois de acada-la maioría de votos para a súa reelección nas eleccións celebradas onte. O resultado da votación, na que só se presentaba a súa candidatura, foi de 31 votos a favor e 3 en branco sobre un total de 80 representantes da Xunta de Centro, co que Gálvez poderá comezar a traballar en breve –trala ratificación do seu nomeamento polo Rector- nos seus tres obxectivos fundamentais: no eido da organización académica, no das relacións institucionais e na mellora de diversos aspectos estructurais no propio centro. Gálvez Gálvez presentou no acto da elección os logros acadados durante a súa etapa á fronte da ESEI, entre os que se atopan un incremento orzamentario superior ó 60 por cento respecto do ano 2000, a realización de diferentes obras coma a de 6 laboratorios no soto do Edificio Politécnico, ou a sinatura de ata 14 convenios con institucións públicas ou empresas privadas coma o Concello de Ourense, Coren ou a Confederación de Empresarios de Ourense. Ademais dos xa mencionados, Juan Francisco Gálvez quixo lembrar outros obxectivos acadados coma o aumento de prazas ofertadas de 170 a 200, a realización dunha páxina web ou o incremento de material e de recursos na docencia. Para os vindeiros tres anos, Gálvez seguirá tres liñas de traballo básicas. A primeira delas a organización académica, coa mellora dos laboratorios docentes, a implantación de políticas de seguridade, a avaliación de calidade da ESEI e a docencia de xeito remoto. Tamén incidirá nas relacións institucionais con sinatura de convenios con Universidades para o intercambio de estudiantes, o estreitamento de relacións con institucións locais ou a expansión da ESEI a outras cidades, con especial atención neste caso á de Vigo. No apartado de “outros obxectivos”, o director electo loitará pola instalación de redes wireless no Edificio Politécnico, o financiamento dos Coloquios Abertos, políticas de reparto económico entre as diferentes áreas de coñecemento, a contratación dun analista informático ou a creación de bolsas para a creación e mantemento de páxinas web. Equipo Juan Francisco Gálvez rodearase para esta misión por un equipo directivo formado por profesores cun claro perfil técnico e que teñan acadado o grao de doutor para unha maior implicación nos labores do seu cargo. Deste xeito, Gálvez propón a Florentino Fernández Riverola como subdirector de Organización Académica, a David Olivieri como subdirector de Relacións Institucionais e a Javier Rodeiro como secretario, posto dende o que deberá prestarlle apoio ós seus compañeiros nas subdireccións.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by