Vigo, 13 de Xullo de 2004 - Nº 724

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

A seguridade na rede obxecto dun novo curso de Extensión Universitaria en Ourense


Imaxe dunha das conferencias

Duvi

Onte comezou en Ourense “Avances en seguridade informática para intranets e internet (Netsecurity 2004)”, un curso de verán, neste caso complementario, centrado nos mecanismos para a proteción dos ordenadores tanto no eido físico como lóxico. O curso extenderase ao longo de toda esta semana e nas distintas xornadas os participantes aprenderán dende identificar e comprender o funcionamento de protocolos de Internet, coñecer os mecanismos de seguridade necesarios para desenvolver tarefas ofimáticas ata profundizar nos problemas de seguridade e. O programa inclué tamén unha exposición teórica sobre os aspectos xurídicos da seguridade que impartirá o profesor Javier Rodeiro. O curso comezou cunha conferencia a cargo de Florentino Fernández, subdirector da Escola de Informática, sobre a seguridade en Java, considerada polos coñecedores da materia como unha linguaxe segura xa que xenera unha linguaxe de programación independente da plataforma que utilicemos. Os perigos de que na rede se executen códigos nos nosos ordenadores sen o noso consentimento o que implica ataques que poden traer como consecuencia o roubo de información, a introdución de virus ou cifrar o contido do noso disco duro, entre outros foron tamén expostos nesta primeira conferencia. As aplicacións desta linguaxe de programación, as barreiras de seguridade na plataforma Java2, as restricións de seguridade e os ataques máis comúns a Java así como a resolución dun caso práctico e as recomendacións de seguridade completaron esta primeira ponencia. A xornada completouse pola tarde cunha exposición teórica e outra práctica sobre a seguridade en redes. A seguridade en sistemas GNU/Linux, en MS Windows e en Oracle así como no contorno de usuario e a administración de dereitos dixitais centrarán os vindeiros días nos que as tardes estarán adicadas básicamente a tratar aspectos prácticos. Análise de viños Por outra banda rematou o curso de análise de viños que comezara a pasada semana. “A Acidez total e volátil” e “Os aromas fermentativos” foron as ponencias que pecharon este curso centrado na iniciación ás análises de aromas e no establecemento de coñecementos básicos para levar a cabo as análises habituais en bodega. Durante seis xornadas cada exposición teórica veu acompañada de prácticas de laboratorio nas que se determinaron os azucres, grao alcólico, acidez e alcois superiores dos viños entre outros. Mañá comezan en distintas localidades ourensás outros tres cursos de Extensión Universitaria. O primeiro deles sobre Casares e o Cine desenvolverase en Celanova e contará na xornada inaugural coa presenza de Antón Reixa, Manuel Rivas e José Luis Cuerda; a innovación e calidade no termalismo centrarán o monográfico que comeza no Carballiño mentres que os viños tintos serán o eixo do curso que comeza en Leiro.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by