Vigo, 28 de Xaneiro de 2005 - Nº 801

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Presentado onte no Consello de Goberno

Comeza o debate do novo calendario escolar

Aprobados os premios extraordinarios fin de carreira e de doutoramento


Consello de Goberno de onte

Duvi

A proposta de novo calendario escolar, segundo o Comisionado para o Espazo Europeo da Educación Superior (EEES), Manuel Fernández, que o presentou ao Consello de Goberno, mantén a continuidade nos períodos docentes e racionaliza de maneira significativa o período lectivo e permite afrontar con máis garantías de éxito o proceso de Boloña cara ao EEES. A proposta será remitida ás outras dúas universidades galegas e á Consellería de Educación, que tamén ten expresado o seu interese na implantación dese novo calendario, para comezar a establecer as moficacións a que dea lugar singularmente en relación coas probas de acceso á universidade. O documento pode consultarse na web da Universidade (www.uvigo.es/ceees/docum/PropostaCalendarioUvigo.pdf ). As características básicas do calendario proposto sinalan como períodos docentes dous cuadrimestres que van do 1 de setembro a mediados de decembro, un, e do 15 de xaneiro a principios de maio, o segundo. Os periodos de exames sitúanse arredor do Nadal, con posibilidade de utilizar a segunda semana de Janeiro, para o primeiro cuadrimestre; en maio, para o segundo cuadrimestre, e xullo e outubro/novembro, para as convocatorias extraordinarias. As vacacións quedarían repartidas no Nadal (dúas ou tres semanas), Semana Santa (unha semana) e verán (finais de xullo e agosto, sen exames á volta). As vantaxes que presenta este modelo, segundo explicou Manuel Fernández, se cifran en que os cuadrimestres están compensados, o que facilita a planificación da aprendizaxe dos estudantes; non hai interrupcións significativas, o que facilita os procesos de formación e avaliación continua e a cuantificación integral do traballo dos estudantes; e garánteselle aos estudantes un período estival de vacacións, así como o mantemento das vixentes convocatorias de exames. De implantarse este calendario, esixiría un período transitorio durante o cal convivirían ambos modelos. Este período transitorio afectaría a un único curso académico e consistiría básicamente en trasladar ao mes de xullo as actividades do mes de setembro do curso afectado, fundamentalmente a convocatorio extraordinaria de exames de setembro. Este curso transitorio comezaría segundo o calendario actualmente vixente (finais de setembro) e desenvolveríase do xeito habitual, agás que a convocatoria de setembro se adiantaría a xullo. O curso seguinte xa comezaría segundo o novo calendario. Outros asuntos O Consello de Goberno aprobou tamén, entre outros asuntos de profesorado, a convocatoria de axudas de Extensión Universitaria, con criterios que reproducen os de anos anteriores, segundo sinalou na súa presentación o vicerrector Óscar Rubiños; o máster Especialista en viticultura e enoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias do campus de Ourense; a posta en marcha do curso de nivelación para educadores sociais; modificacións parciais da relación de postos de traballo de funcionarios; os regulamentos de réxime interno da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, de organización e funcionamento do departamento de Dereito Público e o do Arquivo universitario. Foi aprobado así mesmo un convenio marco de colaboración coas universidades Complutense, de Barcelona, de Extremadura e Pablo Olavide para a creación dun centro de diagnóstico e modelización do clima; un convenio de cooperación coas universidades de Extremadura, Oviedo e USC para a realización dun programa de doutoramento universitario, e outro do mesmo tipo coa Universidade Federal do Paraná; outro de colaboración coa Universidade Nacional de Misiones (Arxentina), e outro específico de colaboración coa Universidade da Coruña para realizar un programa de doutoramento interuniversitario. Xan Lago Queijeiro, en representación dos estudantes, foi elixido novo membro do Consello Social e da Comisión de Organización Académica e Profesorado. Premios extraordinarios O Consello de Goberno tamén aprobou as propostas de premios extraordinarios de fin de carreira e de doutoramento, que serán entregados o próximo luns no acto académico da celebración de San Tomé. A relación de premiados é a seguinte: Fin de Carreira: Lic. en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos: Paula Seguín Fernández Lic. Física: Patricia María Losada Pérez Enxeñeiro Téc. Agrícola: Patricia Gullón Estévez Lic. en Dereito: Mª Cristina Fernández Fernández Lic. En Dereito: Mª de la Almudena Veiga Vázquez Dip. Ciencias Empresariais: Rómulo Conde Machado Enxeñeiro en Informática: Óscar Paz Chimeno Enx. Téc. en Informática de Xestión: Rubén Domínguez Carbajales Mestre especialidade Educación Primaria: Sandra Alonso Pérez Mestre especialidade Educación Infantil: Lorena Cid Moure Dip. En Educación Social: Silvia María Montes Castro Dip. enTraballo Social: Yolanda Vilar Pérez Lic. en Psicopedagoxía: Mª Victoria Carrera Fernández Lic. en Belas Artes: José Andrés Santiago Iglesias Lic. CC. da Actividade Física e do Deporte: Inés Táboas País Mestre especialidade Educación Primaria: Sonia Sobral Boga Mestre especialidade Educaciòn Infantil: María Taboada Mestre especialidade Educación Musical: María Carrasco González Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade en Industrias Forestais: Mª José García Fernández Lic. en Publicidade e Relacións Públicas: Alexandre Pereira Meire Dip. en Fisioterapia: Ana Mª Tiago González Lic. en Filoloxía Hispánica: Sandra Teresa Álvarez Ledo Lic. en Filoloxía Inglesa: Loreto López Román Lic. enTradución e Interpretación: Cristina Río López Lic. En Bioloxía: Manuel Gil Lozano Lic. en Química: Sonia Losada Barreiro Lic. En Química: Jesica Rodríguez fernández Lic. en Economía: Xiral López Otero Lic. en Adm. e Direc. de Empresas: Mª Lorena Marta Rodríguez Lic. En Adm. E Direc. de Empresas: Francisco Villamil de la Torre Enxeñeiro Industrial: Abrahan Segade Robleda Enxeñeiro Industrial: Diana Goberna Lado Enxeñeiro de Telecomunicación: Gonzalo Vázquez Villar Dip. en Ciencias Empresariais: Lorena Eiriz Blanco Dip. En Ciencias Empresariais: Olaia Eiriz Blanco Enxeñeiro Técnico Industrial: Emilio Cernadas Villar E.T.I. especialidade Electricidade: Roberto Antelo Lema E.T.I. especialidade Mecánica: Arturo González Gil E.T.I. especialidade Química Industrial: Antonio Sartal Rodríguez Lic. en Dereito: Mª cruz Barreiro Carril Dip. en Relacións Laborais: Lara Silva Caride Doutoramento: Bioloxía, Dpto. de Ecoloxía e Bioloxía Animal: Nuria Fernández Rodríguez CC. do Mar, Dpto. de Xeociencias Mariñas e Ordeación do Territorio: Beatriz Mouriño Carballido Química, Dpto. de Enxeñería Química: Sonia María Dapía Robleda Química, Dpto. de Química Orgánica: Pedro Besada Pereira Química, Dpto. de Química Orgánica: María José González Moa Universidade de Vigo, Dpto. de Química Física: Verónica Salgueiriño Maceira Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Dpto. de Química Analítica e Alimentaria: María Antonia Pernas Carralero Admón. e Dirección de Empresas, Dpto. de Organización de Empresas e Marketing: María Isabel Diéguez Castrillón Admón. e Dirección de Empresas, Dpto. de Organización de Empresas e Marketing: María del Rocío Rodríguez Daponte. Psicopedagoxía, Dpto. de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación: María Teresa Domínguez Pérez Publicidade e Relacións Públicas, Dpto. de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación: Antonio José Baladrón Pazos Enxeñería Industrial, Dpto. de Tecnoloxía Electrónica: María Loreto Rodríguez Pardo Matemáticas, Dpto. de Matemática Aplicada I: María Begoña Cid Iglesias Universidade de Vigo, Dpto. de Física Aplicada: Laura de la Torre Ramos Universidade de Vigo, Dpto. de Informática: Florentino Fernández Riberola Informe do Reitor No seu Informe ao Consello de Goberno, o Reitor, Domingo Docampo, informou, en relación co EEES, da recente aprobación dos reais decretos de grao e posgrao, do prazo que se ten dado o Consello de Coordinación Universitaria, ata o mes de maio, para realizar un primeiro catálogo de títulos, que despois será sometido á consideración das universidades, e da convocatoria, por parte da Dirección General de Universidades, de axudas de impulso do EEES, consistentes no apoio aos primeiros cursos que, no curso 2005-06, apliquen os criterios de Boloña coa aceptación de todos os profesores e estudantes implicados. Respecto a asuntos relacionados coa Universidade, o Reitor informou da boa marcha do proxecto de construcción dunha piscina no campus de Ourense, promovida por Cidade Universitaria, S.A.; do conflito na Escola de Enfermería de Vigo, que como centro adscrito á Universidade, ten unha dependencia orgánica e funcional de outras institucións, e de tratar o plan de estudos de Filoloxía e Tradución consonte á Normativa Xeral da propia Universidade, isto é, recoñecendo a singularidade de cada centro, pero sen perder de vista a necesaria correlación entre número de créditos, de estudantes e índice de experimentalidade. “Temos vocación de dar satisfacción, pero en ningún caso aceptar privilegios por mobilizacións na rúa: aprobarase unha proposta que entre na Normativa Xeral da Universidade e non ningunha outra”, sinalou. Ademais, o Reitor deu conta do nomeamento da profesora Carmen Cabeza Pereiro como directora do Centro de Linguas da Universidade.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by