Vigo, 01 de Febreiro de 2005 - Nº 802

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Entrega dos Premios Fin de Carreira e de Doutoramento aos mellores estudantes do pasado curso


Duvi

A comunidade universitaria homenaxeou no acto de celebración de San Tomé aos mellores estudantes do pasado curso coa entrega dos Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e de Doutoramento. En total, 41 alumnos recibiron a insignia da Universidade en recoñecemento ao seu expediente académico e outros quince os galardóns polos seus traballos de doutoramento. A meirande parte dos premiados foron mulleres e o propio Reitor bromeou no seu discurso sobre esta situación: “a ver se para o ano deixades a algún home máis recoller algún dos premios”, dixo Docampo. O propio Reitor e o convidado de honra a celebración, Enrique Alarcón, foron os encargados de entregar os premios nun desfile de estudantes e algún pai ou titor en representación dos galardoados que non puideron asistir entre os aplausos do público. Coma curiosidade, entre os receptores do Premio Extraordinario de Fin de Carreira outorgado pola Universidade figuraron este ano dúas irmás xemelgas, Lorena e Olaia Eiriz Blanco, licenciadas en Administración e Dirección de Empresas. Para ambas foi “unha ilusión” recibir onte o galardón e sinalaron que non lles supuxo ningún esforzo especial finalizar a carreira co mellor expediente académico, “so deixar de saír en época de exames”. Lorena e Olaia cursaron xuntas boa parte da carreira “pero non revoltas”, como dixo Lorena. Á pregunta de cal delas tivo que estudarmáis, a resposta foi a mesma para as dúas: “ela”. A concesión dos Premios Extraordinarios Fin de Carreira e de Doutoramento foi aprobada polo Consello de Goberno na súa reunión do 27 de xaneiro. A relación de premiados é a seguinte. Fin de Carreira: Lic. en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos: Paula Seguín Fernández Lic. Física: Patricia María Losada Pérez Enxeñeiro Téc. Agrícola: Patricia Gullón Estévez Lic. en Dereito: Mª Cristina Fernández Fernández Lic. En Dereito: Mª de la Almudena Veiga Vázquez Dip. Ciencias Empresariais: Rómulo Conde Machado Enxeñeiro en Informática: Óscar Paz Chimeno Enx. Téc. en Informática de Xestión: Rubén Domínguez Carbajales Mestre especialidade Educación Primaria: Sandra Alonso Pérez Mestre especialidade Educación Infantil: Lorena Cid Moure Dip. En Educación Social: Silvia María Montes Castro Dip. enTraballo Social: Yolanda Vilar Pérez Lic. en Psicopedagoxía: Mª Victoria Carrera Fernández Lic. en Belas Artes: José Andrés Santiago Iglesias Lic. CC. da Actividade Física e do Deporte: Inés Táboas País Mestre especialidade Educación Primaria: Sonia Sobral Boga Mestre especialidade Educaciòn Infantil: María Taboada Mestre especialidade Educación Musical: María Carrasco González Enxeñeiro Técnico Forestal, especialidade en Industrias Forestais: Mª José García Fernández Lic. en Publicidade e Relacións Públicas: Alexandre Pereira Meire Dip. en Fisioterapia: Ana Mª Tiago González Lic. en Filoloxía Hispánica: Sandra Teresa Álvarez Ledo Lic. en Filoloxía Inglesa: Loreto López Román Lic. enTradución e Interpretación: Cristina Río López Lic. en Bioloxía: Manuel Gil Lozano Lic. en Química: Sonia Losada Barreiro Lic. En Química: Jesica Rodríguez fernández Lic. en Economía: Xiral López Otero Lic. en Adm. e Direc. de Empresas: Mª Lorena Marta Rodríguez Lic. En Adm. E Direc. de Empresas: Francisco Villamil de la Torre Enxeñeiro Industrial: Abrahan Segade Robleda Enxeñeiro Industrial: Diana Goberna Lado Enxeñeiro de Telecomunicación: Gonzalo Vázquez Villar Dip. en Ciencias Empresariais: Lorena Eiriz Blanco Dip. En Ciencias Empresariais: Olaia Eiriz Blanco Enxeñeiro Técnico Industrial: Emilio Cernadas Villar E.T.I. especialidade Electricidade: Roberto Antelo Lema E.T.I. especialidade Mecánica: Arturo González Gil E.T.I. especialidade Química Industrial: Antonio Sartal Rodríguez Lic. en Dereito: Mª cruz Barreiro Carril Dip. en Relacións Laborais: Lara Silva Caride Doutoramento: Bioloxía, Dpto. de Ecoloxía e Bioloxía Animal: Nuria Fernández Rodríguez CC. do Mar, Dpto. de Xeociencias Mariñas e Ordeación do Territorio: Beatriz Mouriño Carballido Química, Dpto. de Enxeñería Química: Sonia María Dapía Robleda Química, Dpto. de Química Orgánica: Pedro Besada Pereira Química, Dpto. de Química Orgánica: María José González Moa Universidade de Vigo, Dpto. de Química Física: Verónica Salgueiriño Maceira Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Dpto. de Química Analítica e Alimentaria: María Antonia Pernas Carralero Admón. e Dirección de Empresas, Dpto. de Organización de Empresas e Marketing: María Isabel Diéguez Castrillón Admón. e Dirección de Empresas, Dpto. de Organización de Empresas e Marketing: María del Rocío Rodríguez Daponte. Psicopedagoxía, Dpto. de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación: María Teresa Domínguez Pérez Publicidade e Relacións Públicas, Dpto. de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación: Antonio José Baladrón Pazos Enxeñería Industrial, Dpto. de Tecnoloxía Electrónica: María Loreto Rodríguez Pardo Matemáticas, Dpto. de Matemática Aplicada I: María Begoña Cid Iglesias Universidade de Vigo, Dpto. de Física Aplicada: Laura de la Torre Ramos Universidade de Vigo, Dpto. de Informática: Florentino Fernández Riberola

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by