Vigo, 02 de Abril de 2005 - Nº 838

HOXE ANTERIORES SUSCRICIÓNS WEBMASTER

SECCIÓNS

Acto de fin de carreira en Enxeñería Informática en Ourense

A 11ª promoción técnica e a 4ª superior recibiron os seus diplomas


Distintos momentos do acto

Duvi

O salón de actos do Edificio Politécnico acolleu o venres o acto de licenciatura dos coarenta alumnos pertencentes a cuarta promoción de Enxeñería Superior e a diplomatura da 11ª promoción de Enxeñería Técnica da Escola Superior de Enxeñería Informática. Nun acto presidido polo vicerreitor do campus ourensán, Andrés Mazairas, que foi o encargado de dar a benvida a todos os presentes, Florentino Fernández Riverola, subdirector da Escola Superior de Enxeñería Informática, leu o discurso que Juan Francisco Gálvez, que estaba no hospital a punto de ser pai, tiña preparado. Nel, o director do centro, desexaba o mellor para todos os licenciados e diplomados, e cun texto cheo de bo humor solicitaballes que fosen eles mesmos, “con vosas virtudes e defectos”, e sinalaba o privilexiados que eran por ter estudado unha carreira, “chegar a ser titulados e poder estudar Informática e facelo nesta Universidade”. Gálvez Gálvez solicitoulles aos novos licenciados no seu discurso que tivesen unha mentalidade crítica, e que se sentisen orgullosos por ter estudado “unha das carreiras máis duras de España”. Tamén falou o presidente da Asociación de Enxeñeiros en Informática. Jesús Rodríguez pediulle aos novos licenciados que puxeran o seu gran de arena para “que a Enxeñería Informática siga mellorando dende o punto de vista da educación e da súa aplicación na sociedade”, ademais de comentar o gran avance que esta titulación ten feito nos últimos doce anos. Javier Rodeiro Iglesias, profesor da Escola e padriño da promoción, sinalou que na informática o que prima é a creatividade, e explicou cales son as catro calidades que, segundo a súa opinión, todos os novos titulados debían ter: “falta de medo, curiosidade, bo criterio e constancia”. Tras o emotivo acto de entrega dos diplomas, déronse tamén unhas placas aos premios extraordinarios de carreira: Rubén Domínguez Carbajales, na titulación de Enxeñeiro Técnico e Óscar Paz Chimeno, na de Enxeñeiro Superior. Unha vez finalizada a cerimonia, tamén se lles entregaron uns regalos aos dous profesores da Escola que se doutoraron durante este pasado ano: Marta Pérez Rodríguez e Celso Campos Bastos. Tras o solemne acto, chegou o momento de relaxarse tomando uns pinchos, seguidos despois dunha cena na que participaron 25 dos novos titulados cos seus acompañantes.

ATIC
Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

ORI
Relacións Internacionais

I+D
Oficina de

OMA
Oficina de Medio Ambiente

Deportes

ANL
Área de Normalización Lingüística

Biblioteca

Cátedras de Empresa

Extensión cultural

Cidade Universitaria

Powered by